Telenecos procuran estrelas

0
204

Para o vindeiro filme dos Muppets (os populares Telenecos) que prepara a Disney Pictures para nadal do ano que ven, están-se a barallar moitos nombres de convidados especiais de prestíxio.

Tal e coma informáramos anteriormente, Jason Segel, Amy Adams, Chris Cooper e Rashida Jones xa foron incorporados a este proxecto que James Bobin (Flight of the Conchords) dirixirá a partir dun guión co-escrito por Nick Stoller e mais o mesmo Segel.

Agora, os rumores apuntan a que a nova estrela do filme podería ser Jane Lynch (Glee) no papel dunha garda de prisións, o protagonista de Machete Danny Trejo coma o seu prisioneiro, ou Donald Glover nun papel ainda por determinar.

A produción está-se a facer alomenos sobre o papel con moitos nomes de interese, e cada semana aparecen novos vencellados á mesma. Así, hai quen fala de que Jack Black podería ter un papeliño, que Zach Galifianakis podería ser Hobo Jo, e que Paul Rudd podería ser Walter o Teleneco. Mesmo están a comentar que Lady Gaga podería intervir no proxecto, xunto a outros nomes coma John Krasinski (The Office), Eric Stonestreet e Ed Helms interpretando a diversos membros do seu grupo.