Noyce, director Intemporal

0
164

Phillip Noyce (Salt, The Quiet American) está a negociar a súa incorporación coma director do filme romántico de viaxes polo tempo Timeless que prepara a Relativity Media.

Bill Kelly (Enchanted) escribiu o guión que vai sobre un viúvo que descubre que a súa muller lle deixou unha fortuna. Decidido a resolver o mistério, o home inviste os cartos para construír unha máquina do tempo coa que poder estar con ela unha derradeira vez.

Sunil Perkash producirá a longametraxe, para a que ainda non hai datas na axenda nin tampouco estudos nos que escomezar a rodaxe.