A Cousa, adiada

1083

A Universal Pictures ven de dar a coñecer algunhas das datas para os proxectos mais relevantes nos vindeiros meses, entre os que se inclúen dous filmes de xénero que agardaban un posto nas axendas de 2011.

A decisión mais importante é a que afecta a The Thing, a precuela que os estudos preparan sobre o clásico de John Carpenter de 1982. O pasado venres a Universal mudou a data orixinal de lanzamento que estaba previsto para o vindeiro 29 de abril e a dia de hoxe ainda non deu a coñecer a nova data. Todo isto non fai senón dar pé a unha chea de especulacións sobre se o proxecto poderá contar co visto bó dos estudos, preocupados pola resposta do público no despacho de billetes.

Outras fontes din nombergantes que o motivo é queo seu director, o holandés Matthijs van Heijningen, pediu mais tempo antes de lanzar o filme. O director “é un artista… traballa de acordo coa súa própia axenda, e só entregará o filme cando sinta que está rematado“, segundo comentou unha fonte próxima ao realziador. Os estudos, por suposto, non estarían moi contentos coa ideia.

Mália o atraso, a mesma fonte confirmou que “o filme non tivo unha rodaxe problemática nin pasou por semanas de segundas rodaxes, coma acontece noutros proxectos. A fita foi, iso si, editada moitas veces e non foi probada demasiado“. outros motivos que se intúen para este adiamento son económicos, o que ten moito mais sentido cóa anteriores argumentos. Así, seica a quinta entrega da saga The Fast and the Furious, mudou a súa data de estrea e os estudos non queren que saian demasiado xuntas. Por se fora pouco, deberá competir nas mesmas datas contra outro poderoso candidato a se facer co favor do público, coma será Thor.

Pero os que estean desacougados polo adiamento de The Thing só terán que relembrar o terceiro cámbio nas axendas da Universal: Dream House. O thriller, dirixido por Jim Sheridan e protagonizado por Daniel Craig, tiña prevista a súa estrea para o 18 de febreiro, pero por mor de diversos problemas, que obrigaron a rodar de novo algunhas escenas, terá que mover-se até o 30 de setembro.