Bond no 12° ano

0
140

Fredrik Bond será o encargado de dirixir a longametrae de acción e ciéncia-ficción Year 12 que estivo até agora nas mans dos estudos Paramount.

Actualmente sen distribuidor, o filme está ambientado en Manhattan doce anos despois de que os aliens invadiran con éxito a Terra. A história vai sobre un mineiro submariño de uránio que é recrutado pola resisténcia humana para sacar uránio de contrabando no seu sangue, e poder utiliza-lo para facer estoupar a nave nai alieníxena.

Edward Ricourt escribiu o guión, que conta coa produción de Joe Roth. Bond é un recoñecido director de anúncios para a televisión e xa estivo anteriormente vencellado á adaptación ao cinema do cómic Hack/Slash na Rogue Pictures.