Butler preparado para o Afterburn

0
126

Gerard Butler e mais o director Antoine Fuqua están a manter conversas co obxectivo de se unir á adaptación ao cinema do cómic Afterburn na Relativity Media. A história está ambientada un ano despois de que unha laparada solar abrasara a metade da superfície do planeta e os cazadores de tesouros regresen ás zonas mortas para recuperar os obxectos de valor perdidos alí. Paul Ens e Scott Chitwood escribiron o cómic orixinal e os guionistas Matt Johnson (Into the Blue) e Christian Gudegast (A Man Apart) adaptaron o guión. O filme conta coa produción de Neal Moritz, Tobey Maguire, Toby Jaffe e Jenno Topping.