Rara rodaxe de MIB3

0
178

Men In Black 3 por fin escomezou a súa rodaxe o pasado martes en New York City e após un pequeno adiamento, a axenda de produción continúa a demostrar ter tamén algo de fantástica, ou cando menos de extraña.

Fontes internas comentaron á prensa que a produción ten prevista unha pausa de dous meses no médio da rodaxe, xusto para filmar as escenas que teñen lugar en 1969, cando Josh Brolin interprete á versión mais nova do axente K, ao que dá vida Tommy Lee Jones. Así, seica as escenas ambientadas na actualidade rodarán-se neste primeiro bloque, ao redor da semana do nadal. Despois haberá o parón e a mediados de febreiro farán-se as escenas de mediados dos anos 60.

Debido a que esas escenas debn acontecer no verán segundo o guión, o atraso permitirá que o tempo sexa mais favorábel nas escenas de exteriores. A pregunta é óbvia: por que non rodar todo xunto en primavera e verán e deixar-se de tantos paróns? Pois seica a resposta é que deste xeito a productora poderá acoller-se ás asubvencións que o Estado de New York dá ás rodaxes durante este ano.

O guionista Jeff Nathanson (Atrápa-me se podes, Rush Hour 2) foi tamén contratado para reescribir o guión e traballar específicamente na escena da viaxe no tempo. O guionista de Tropic Thunder Etan Cohen fora o autor do primeiro libreto.