Vingadores en Califórnia

0
197

Mentres o orzamento para o filme dos Vingadores vai estreitándo-se cada vez mais, especialmente en comparación co filme de Thor, non é moi abraiante que a produtora decidi-se mudar as localizacións dende New York City até a soleada (e mais barata) Califórnia, concretamente ao novo complexo de estudos que a Marvel ten en Manhattan Beach (mália o nome, o lugar está en Califórnia).

Deste xeito, a rodaxe en New York reducirá-se considerábelmente a lugares no exterior, onde sexa mais barato e cómoco rodar rañaceos ca xera-los por computador. Todo o demais fará-se en localización polo sul de Califórnia, onde xa se fixeron anteriores filmes coma Castle, Mad Men ou a tempada final da série de televisión 24.

A rodaxe no oeste americano non só é mais barata ca no leste, senón que a mudanza reducirá sinificativamente os custes de transporte e acomodación de moitos dos actores que residen habitualmente no área de Los Angeles. A produción ainda está por recibir a luz verde definitiva pero a rodaxe debe escomezar en febreiro.