Os homes da UNCLE

0
164

Steven Soderbergh ven de se converter no último director cuxo nome é asociado á adaptación ao cinema da clásica série de televisión dos anos 60 The Man From U.N.C.L.E. para a Warner Bros. Pictures.

Robert Vaughn e David McCallum eran os protagonistas da série orixinal, unha de espías que traballaban coma axentes da United Network Command for Law and Enforcement (U.N.C.L.E.), a organización inimiga da Technological Hierarchy for the Removal of Undesirables and the Subjugation of Humanity (T.H.R.U.S.H.). O que en galego ven sendo: o TÍO contra o LIXO.

David Dobkin (Wedding Crashers) era até de agora o director vencellado a este proxecto, pero agora após da súa retirada ainda segue coma produtor xunto a John Davis e Jeff Kleeman.

Scott Z. Burns (The Informant, Contagion) será o encargado de reescribir o guión orixinal de Max Borenstein, que polo momento era o último que se entregara.