Zemeckis no mundo de Oz

0
168

Mais ca outra versión da clásica franquía do Meigo de Oz, esta vez seica está-se a preparar un auténtico remake directo do filme orixinal na Warner Bros. Pictures.

Robert Zemeckis (The Polar Express, What Lies Beneath) está en conversas para se sentar na cadeira de director deste filme con acción real e baseado directamente no guión da película de 1939, o clásico musical da Metro, no canto de na novela orixinal de L. Frank Baum. E todo porque a Warners é a que posúe os dereitos sobre o guión do filme.

A película podería asemade entrar nunha competición onde xa hai nada menos ca catro proxectos de resucitar a clásica propiedade literária. O proxecto mais importante e polo de agora o mis adiantado é o da Disney, que será unha precuela titulada Oz: The Great and Powerful e que conta coa dirección de Sam Raimi.