As abellas contraatacan

0
140

Os produtores Roy Lee e Steven Schneider serán os encargados de dirixir un remake da longametraxe de desastres The Swarm de 1978.

Baseada nunha novela de Arthur Herzog publicada en 1975, o orixinal, dirixido por Irwin Allen, ía sobre os residentes dunha vila de Texas que deben loitar por sobrevivir a un xigantesco enxame de abellas asasinas que lles cae enriba. O filme foi un desastre non só no seu tema, senón tamén no despacho de billetes e nas críticas da prensa, porque fracasou mália contar coa participación das meirandes estrelas do seu tempo: Michael Caine, Olivia de Havilland e Henry Fonda. Nombergantes, cando pasou ao mercado de vídeo, acadou por fin o éxito agardado e converteu-se axiña nun filme de culto.

O director de anúncios para a televisión Ash Bolland pdoería ser o encargado de levar ás pantalals grandes este novo intento, para o que ainda non hai guionistas contratados. Tampouco se sabe se esta vez tentarán facer un filme mais semellante á novela orixinal ou se estará baseado na primeira película.