Downey, sen Gravidade

0
176

Robert Downey Jr. ven de abandoar oficialmente Gravity, o thriller de ciéncia-ficción que dirixirá o mexicano Alfonso Cuarón para a Warner Bros. Pictures.

Sandra Bullock e Downey ían interpretar a senllos astronautas dunha estación espacial en órbita que están a facer reparacións no exterior cando un asteroide destrúe a nave.

O persoaxe de Bullock é o mais impotante e chea a pantalla coa súa preséncia case todo o tempo da película, tentando regresar á Terra xunto á súa filla. O persoaxe de Downey é secundário e tan só ía requerir tres semanas de rodaxe para o actor.

Os primeiros rumores deste abandono producíran-se hai tres semanas, cando os estudos Bullock foi oficialmente contratada, así que os estudos probábelmente teñan xa preparado un sustituto para esta emerxéncia.