O regreso de Denis Leary

0
167

Denis Leary ven de escomezar a negociar a súa incorporación ao reparto do vindeiro relanzamento de Spiderman na Sony Pictures.

Leary interpretaría ao capitán de policía George Stacy, o pai da moza de Spiderman Gwen Stacy (Emma Stone). Este persoaxe está decote en contacto co trepamuros pero nos cómics morre nun accidente durante unha batalla entre Spiderman e o doutor Octopus, un acontecemento que levará a Gwen a odiar ao superheroe.

De se confirmar a contratación, este filme sinificaría o regreso de Leary ao cinema, xa que dende 2002 non facía acto de preséncia nas pantallas grandes.