George Clooney, o TÍO?

0
219

Contan que George Clooney ven de aceptar entrar en conversas para se reunir novamente co seu frecuente colaborador Steven Soderbergh no filme que adaptará ao cinema a clásica série da canle de televisión NBC dos anos 60 The Man from U.N.C.L.E.

As primeiras novas chegaron cando o martes Soderbergh sustituíu a David Dobkin no posto de director deste filme, que contará con Scott Z. Burns (Contagion) coma guionista. O novo libreto de feito conservará o contorno dos anos 60 da serie de televisión orixinal.

Polo que se ve, Clooney e Soderbergh xa conversaron sobre a posibilidade de que o primeiro sexa o protagonista deste proxecto, que ten previsto o comezo da súa produción para o ano que ven coma moi cedo. Soderbergh está ainda por rematar o seu traballo á fronte de Contagion e logo deberá rodar Liberace o verán que ven.