O cineasta español Gonzalo López Gallego (El rei de la montaña, 2007) ven de se facer co posto de director para o thriller de ciéncia-ficción Apollo 18 que producirá a empresa The Weinstein Company.
Trevor Caewood estaba orixinalmente vencellado a este proxecto, que ía dirixir utilizando a súa própia empres de efectos especiais para poder abaratar esta longametraxe, que conta cunha fasquía tipo documental e debía estar lista paraa súa estrea o vindeiro 4 de marzo. Nombergantes, as cousas non puideron sair coma se agardaba e a súa empresa está ocupada noutros proxectos, polo que non poderá ocupar-se deste filme.
Como resultado, Caewood abandoou e López Gallego toma o seu posto. O director de Wanted, o ruso Timur Bekmambetov, que está a producir o filme, será o novo encargado dos efectos especiais para o que contará con Bazelevs, a súa empresa baseada en Moscova. Bekmambetov quere escomezar canto antes e traballar duro e rápido, para que todo estea listo en marzo e así poder adicar-se a dirixir Abraham Lincoln: Vampire Hunter na Fox.
Apollo 18 pretende ser un documental sobre unha misión da NASA á Lúa que non foi documentada porque descubriu probas da existéncia de formas de vida extra-terrestre. Brian Miller escribiu o guión.