A primeira aventura gráfica en galego

741

Gato Salvaje S.L., unha empresa constituida por un grupo de xóvenes de entre 25 e 28 anos, presentou este martes na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña o seu primeiro produto comercial, o videoxogo AR-K, unha aventura gráfica de ambientación futurista que mistura a intriga e o humor e que se distribuirá no mercado internacional a través da Internet. Para o 9 de febreiro de 2011 estará dispoñíbel para a súa venda na Rede o primeiro capítulo, titulado Sexo, mentiras e traballos de clase.

Sergio Prieto, sócio fundador de Gato Salvaje, explicou que o xogo disporá dunha dobraxe profesional, sairá simultáneamente en galego, español, alemán e inglés e, para abaratar o seu custe, desenvolverá-se coma unha série de cinco episódios, que se comercializarán de xeito separado. “Para competir nun mercado coma o dos videoxogos con poucos recursos, é importante ter claros os límites que podes acadar, e por iso decidímo-nos por un produto independente, de baixo prezo, pero de alta calidade“, asegurou.

Cada entrega custará 5,95 euros e Gato Salvaje conta con vender unhas 20.000 unidades da primeira. Distribuirá-se a través de descarga directa e inicialmente só estará dispoñíbel para Windows, ainda que se a resposta comercial é boa, farán-se tamén versións para Linux, Mac e plataformas móbiles coma o iPhone. A estas alturas xa se pdoe mercar unha licéncia para o xogo no website do grupo.

A aventura gráfica conta a história de Alicia, unha estudanet de xornalismo cuxa vida transcurre nunha sociedade futurista e utópica, onde todas as necesidades semellan estaren cubertas. Nombergantes, vive en primeira persoa unha série de acontecementos que lle fan prantexar-se o que cré saber sobre o seu mundo e o sistema no que medrou. O achádego dun misterioso obxecto levará-a a se introducir nunha complicada trama de investigación, na que terá que detectar todas as mentiras que separan a apariéncia da realidade.