Whedon contra Buffy

0
234

Nunha nota de prensa oficial, a Atlas Entertainment anunciou o pasado luns os seus plans para relanzar a série de televisión Buffy Cazavampiros en forma de longametraxe para o cinema, nun proxecto que pretende converter-se en franquía e que producirá a Warner Bros. Pictures.

Buffy comezou a súa vida coma unha película con moi malas críticas en 1992. Dirixida principalmente a un público xuvenil, estaba protagonizada por Kristy Swanson, Donald Sutherland, Luke Perry, Hilary Swank, Paul Reubens, David Arquette e Rutger Hauer. A fita, cun orzamento de 7 millóns de dólares, contaba cun guión de Joss Whedon e estaba dirixida por Fran Rubel Kuzui, pero só obtivo unha recadación de 16 millóns.

Cando xa semellaba un filme destinado ao esquecemento, cinco anos despois Whedon, Kuzui e Gail Berman uníron-se para vender o concepto coma unha série de televisión ainda dirixida aos xóvenes pero con un transfondo mais dramático e de terror. Completamente diferente e cun tón mais escuro e sinistro có filme orixinal, esta série contaba con elementos de mitoloxía, medo, e mesmo humor, romance e moita acción e efectos especiais. Durante todo o tempo que estivo en pantalla, até rematar en 2004, acadou un enorme éxito, boas audiéncias, moitos prémios e a súa propia série secuela.

Kuzui Enterprises, a produtora propiedade de Kuzui, posúe os dereitos do persoaxe, o que lle permite facer o que queiran con el. Xa no mes de maio do ano pasado o;ira-se falar desta posibilidade e dos plans de crear unha nova franquía para o cinema, mais escura e con moitos mais acontecementos e persoaxes.

Whit Anderson está xa a escribir o guión, mentres que Charles Roven, Steven Alexander, Doug Davison e Roy Lee encargarán-se da produción.

Pouco despois do anúncio, o mesmo Whedon enviou unha mensaxe de resposta ao sítio web E! Online para falar do proxecto, oo que el non está vencellado de ningún xeito. A súa reacción, comprensíbelmente, non é de alegría:

Esta é unha triste, triste reflexión para os nosos tempos, cando a xente debe desprender-se das carcasas doas histórias mais queridas da súa xuventude porque non poden atopar unha ideia orixinal de seu, coma fixen eu coma miña ideia dos Vingadores que inventei eu mesmo.

Obviamente sinto emocións fortes e contraditórias sobre algo coma is5to. A miña primeira reacción ao saber quen ía escribi-lo foi ‘Whit Stillman e Wes Anderson? Este vai ser o filme mais sardónicamente adorábel de todos os tempos! Pero seica estaba mal informado. Logo pensei ‘Gañarei moitos cartos! Istovale mais ca todos os meus subprodutos de Toy Story xuntos!’ Seica estou sempre mal informado. E posíbelmente sexa un pouco lento. Pero en sério, ainda son populares os vampiros?

Eu sempre esperei que Buffy viviría após morrer eu. Pero xa sabes, APÓS morrer eu. Non me gusta a ideia da miña creación nas mans doutro, pero ben sei que moitas mais mans cás miñas estiveron implicadas na creación da série. E non hai base legal para facer nada agás ca un salouco ben forte. Non podo desexar nada malo áxente que está apaixoada polo meu pequeno mito. Podo, nombergantes, aproveitar esta oportunidade para anunciar que estou a facer un filme de Batman. Porque esa é unha franquía que de verdade precisa renovar-se. Así que agardade por The Dark Knight Rexurde Moito Antes Ca Esa Outra E Ademais Mais Barata E En Toronto, relanzándo-se nun cinema preto de vós.

Deixáde-me coa miña dor! Afectuosamente, Joss Whedon.