O Peter Pan de Hibon

0
179

O cineasta suízo Ben Hibon será o encargado de dirixir Pan, unha adaptación descarnada e contemporánea do clásico conto de J.M. Barrie Peter Pan para a Social Capital Films e mais a Energy Entertainment.

Nesta nova encarnación, o Capitán Garfo será un ex-detective da policía queimado que lle tenta seguir o rastro a un secuestrador de nenos que segundo todas as testemuñas, é un menor de idade.

Hibon, que xa dirixiu a secuéncia de debuxos animados na que se explica a lenda que hai após das relíquias da morte, os obxectos que protagonizan a recén estreada Harry Potter and the Deathly Hallows: Part One, contará desta volta cun guión de Ben Magid.

O guión fora mercado anteriormente en 2006 pola New Line e o mesmo Guillermo del Toro estivo vencellado ao proxecto, que agora por fin poderá escomezar. A rodaxe ten previsto o seu início para o vindeiro outono nalgures en Europa.