Finou o cómico Leslie Nielsen

0
172

O actor cómico canadiano Leslie Nielsen finou hoxe aos 84 anos de idade por mor de complicacións nunha pneumonia nun hospital preto da súa casa en Fort Lauderdale, Florida, segundo confirmou o seu axente. Nado en 1926 en Regina, Saskatchewan, Nielsen apareceu en mais de 100 filmes e 1.500 programas de televisión ao longo da súa carreira, na que interpretou mais de 220 persoaxes.

Ainda que será sempre relembrado polos seus papeis de actor cómico nas sagas de Airport e Naked Gun (filmes dobrados en España con pouco xeito), o seu primeiro papel foi nombergantes na longametraxe Forbidden Planet, na que intrerpretou ao Comandante John J. Adams en 1956. Este filme de ciéncia-ficción, para moitos precursor da série de Star Trek, converteu-se no seu momenrto nun grande éxito e é hoxendía un clásico do xénero.

Entre outros papeis fantásticos, cómpre salientar o do xeneral Max Harmon no filme que en 1968 levou á pantalla grande a série de TV The Man from U.N.C.L.E., How to Steal the World. En 1972 iniciou unha carreira por diversos filmes de desastres, coma A Aventura do Poseidón (1972), Day of the Animals (1977) e City on Fire (1979). E após da súa consagración coma actor cómico, foron várias as películas nas que parodiou o cinema de xénero: Creepshow (1982), Repossessed (1990), Dracula: Dead and Loving It (1995) e 2001: A Space Travesty (2000).