Os Wachowskis e Atlas

0
185

Após dunha proxección do filme Frankie & Alice, a actriz Halle Berry tivo tempo de contestar algunhas preguntas nas que deixou caer a súa posíbel participación no vindeiro proxecto dos irmáns Wachowski, a adaptación da novela de David Mitchell Cloud Atlas.

Berry dixo que “Vou facer unha película probábelmente no verán cos Wachowski… un filme realmente interesnate que é un pouco coma o que fixeron de Matrix. Eles teñen outra ideia realmente abraiante que dalgún xeito vai expandir-nos mais o cerebro. E por iso estou realmente emocionada e vai ser probábelmente no verán. E vai ser con Tom Hanks e Natalie Portman“.

Berry foi confirmada a finais de verán xunto aos dous actores que citou para este proxecto, no que xa estaban vencellados dende primeiros de ano James McAvoy e Sir Ian McKellen. E ainda que a participación de Berry non está pechada ao cen por cen, ela semella estar xa bastante segura.

As datas de produción deste proxecto ainda non teñen un sítio na axenda oficialmente. O realizador Tom Tykwer (Run Lola Run, The International) podería ser o encargado de escribir o guión e dirixir a partir de xuño, e ainda que os irmáns Wachowski están vencellados como produtores, algúns din que poderían encargar-se persoalmente dalgunhas partes do filme.

O filme estará claramente dividido en seis histórias distintas, narradas ao longo dun milénio, e cada conto é lido ou contemplado polo principal persoaxe no seguinte segmento.

As histórias inclúen a viaxe dun notário polo Pacífico en 1850, un músico inglés na Bélxica de 1930, un xornalista californián investigando a corrupción ao redor dunha planta nuclear, un editor inglés encerrado nun asilo, un prisioneiro político clonado que éexecutado nunha Corea do futuro, e un membro dunha tribo en Hawaii nun futuro post-apocalíptico.