O Cabaleiro Escuro Rexurde

632

Ainda que xa se sabía dende había tempo, o realizador Chris Nolan ven de confirmar nunha entrevista unha vez mais que o seu vindeiro The Dark Knight Rises será o seu derradeiro filme de Batman.

A novidade agora é que ainda que o seu entusiasmo non semella ser tan grande coma noutras ocasións, de feito está animado por ter que facer outra secuela: “Estou moi contento de facer outro filme de Batman. Coido que sería desalentador ter que sentar e escribir outro guión orixinal após Inception. Encánta-me traballar cos ambientes e as regras do mundo de Batman. É, por dici-lo así, agradábel ter algures onde ir que estou moi emocionado“.

Ademais, confirmou que após do éxito de O Cabaleiro Escuro e de Inception, que se converteron en grandes éxitos non só de público e crítica, senón especialmente no despacho de billetes, agora non se sinte obrigado a traballar conforme ás regras dos estudos Warner e fará o que lle pete con The Dark Knight Rises: “Debo dicir queestou encantado, moi encantado, de me embarcar no derradeiro episódio da nosa saga de Batman sen ningún senso de obrigación ou débeda cos estudos. Eles xa o fixeron moi ben con Inception. Así que podo ir e rematar a nosa história dun xeito entusiasta“.

Nolan confirmou que está en desenvolvemento un videoxogo baseado no seu filme Inception e que ese é o único plan que ten para a súa película nun futuro. Preguntado se haberá unha secuela respondeu que “non é algo que queira dicir que non, pero non é algo sobre o que pensara moito“.

Por outra banda, a Warner desmentiu rotundamente o rumor segundo o cal o persoaxe do Joker interpretado polo defunto Heath Ledger aparecería na vindeira secuela grazas á animación dixital e a algunhas escenas non utilizadas do anterior filme, do mesmo xeito que fixeron con Arnold Schwarzenegger en Terminator Salvation.

E mentres que se vai concentrando en The Dark Knight Rises, o seu papel creativo no vindeiro relanzamento de Superman vai disminuindo. A muller de Nolan e parcéira na produción Emma Thomas confirmou que agora que Zac Snyder está a cargo do Home de Aceiro, “imos-llo poñer nas súas mans“.

Thomas indicou que Nolan e David Goyer tiveron unha ideia queé tan boa que non poden acreditar que ninguén se lle ocurri-se antes na Warner, así que a puxeron nun guión “e agora é a película de Snyder“.