Finou Davis de Stargate SG1

0
197

Don S. DavisO popular sítio Web Gateworld ven de informar que Don S. Davis, que interpretaba ao comandante xeneral George Hammond na série de ciéncia-ficción Stargate SG-1 durante as últimas sete tempadas, finou o pasado 29 de xuño após de sofrir un ataque ao corazón aos 65 anos de idade.

A esposa de Davis, Ruby Fleming-Davis, informou de que o funeral terá lugar dentro dunhas semanas, pero antes as cinzas de Davis serán arroxadas ao océano; asimesmo pediu aos fans que fixeran doazóns á American Heart Association (Asociación Americana do Corazón).

Davis deixou o reparto habitual da série en 2003 por mor da súa condición médica, que lle impedía estar ao cento por cento, pero fixo moitas aparicións esporádicas coma convidado tanto nesta série coma na súa secuela Stargate Atlantis.

Nativo do estado americano de Missouri, Davis contaba cunha carreira de 26 anos no decurso da cal fixo moitas aparicións en séries de televisión, sendo especialmente relembrado polo seu papel de comandante Garland Briggs en Twin Peaks. Coñeceu ao protagonista de Stargate SG-1, Richard Dean Anderson, no plató de rodaxe de MacGyver, onde era un dobre de Dana Elcar.

A derradeira aparición de Davis en Stargate será en Stargate: Continuum, un filme que será lanzado directametne ao mercado de DVD. Ademáis, ten intervencións nos filmes Vipers, Woodshop e Far Cry.