Star Trek 2 xa ten guión

0
173

Os guionistas de Star Trek Roberto Orci e Alex Kurtzman veñen de revelar á prensa que por fin deron cunha história para a vindeira secuela.

Polo de agora tan só quixeron adiantar que se tratará dun filme autónomo, non a segunda parte dunha triloxía coma acontece con moitas franquías hoxendía. Orci dixo que “non coido que pensáramos nunca en termos dunha triloxía… se estabades a pensar neste filme coma un segundo acto, ben, algo así coma unha história tipo O Império Contraataca, pero non estou seguro de que estivéramos a pensar nel coma nun segundo acto“.

Orci admitiu nombergantes que agora tiñan moita mais presión, dado que o primeiro filme de relanzamento de Star Trek foi un grande éxito, e que dalgún xeito iso fai mais doado o traballo: “se ben na anterior película liberámo-nos de Star Trek e do seu canon, agora que podemos facer o que queiramos, ainda queremos que sexa algo coma o vello Star Trek ainda que sexa unha nova história“.

Unha cousa na que están definitivamente concentrados é nos momentos dos persoaxes clave: “pasamos unha chea de tempo falando sobre como, agora que todo o mundo está xunto, todos necesitan realmente momentos claros e definidos. Momentos que sexan específicos dos seus persoaxes, específicos no xeito no que interactúan cos outros e tamén en construí-los na dinámica deses marabillosos actores“.