The Clockwork Girl en debuxos animados

0
136

A Luximation Films producirá unha versión en debuxos animados para o cinema da novela gráfica The Clockwork Girl, a primeira dunha série sobre unha robot feminina chamada Tesla e un rapaz monstro chamado Huxley que deberán salvar ao mundo da destrución. Alexa Vega e Jesse McCartney porán a voz dos persoaxes, xunto a Carrie-Anne Moss no papel da Almirante Wells, Brad Garrett coma T-Bolt e Jeffrey Tambor coma Wilhelm. Deboragh Gabler e Sean O’Reilly serán os produtores e Kevin Hanna dirixirá.