Os zombis sen guionista

0
197

Mália a renovación por outra tempada, o responsábel da série de televisión da canle AMC The Walking Dead Frank Darabont ven de despedir á equipa de guionistas ao completo. E xunto aos guionistas, tamén marchou o produtor executivo Charles H. Eglee.

Agora segundo todos os indícios Darabont está a procurar guionistas freelance no canto de ter unha equipa fixa. O mesmo Darabont escribiu os dous primeiros episódios da primeira tempada e repasou e puliu os guións dos outros catro, un dos cales é orixinal do creador do cómic no que se basea a série.

O episódio piloto e mais o segundo acadaron altos niveis de aprobación pola audiéncia e a crítica, pero ese entusiasmo baixou considerábelmente nas seguintes semanas.

O modelo de guionistas freelance é utilizado sobre todo fóra dos Estados Unidos, onde só existen algúns poucos exemplos de séries de televisión que non conten cunha equipa fixa de escritores en plantilla, coma foi o caso de Torchwood, que tiña unha produción internacional. Para as producións de seu, os americanos están moi limitados polos dictados da poderosa Writer’s Guild, o sindicato de guionistas.

Darabont ademais conta co problema de que a segunda tempada terá trece episódios, e non só seis, coma a primeira.