Outro looper á palestra

0
154

O director e guionista de Brick e The Brothers Bloom Rian Johnson continúa a preparar a súa terceira longametraxe, que levará por título Looper, e que ten previsto o comezo da rodaxe para primeiros de ano. Polo de agora xa conta cun novo actor no reparto, que será Paul Dano (There Will Be Blood).

A história vai sobre un grupo de asasinos (os Loopers) que traballan para un sindicato do crime que elimina e se desfai dos seus inimigos. A cuestión é que o devandito sindicato non existe agora, senón trinta anos no futuro. Así, os Loopers poden desafacer-se dos cadáveres dos seus inimigos sen que exista ningún problema lega, xa que o morto ainda non existe no noso tempo. O argumento complicará-se cando un home (Bruce Willis) sexa enviado ao pasado para matar a unha versión mais nova de si mesmo (Joseph Gordon-Levitt).

Dano interpretará a Seth, un looper que ten un papel secundário pero moi importante para o desenvolvemento do guión.

Emily Blunt é a outra actriz xa contratada. A rodaxe escomezará dentro duns días en Louisiana.