Hardwicke nun Labirinto

0
173

A directora de Twilight e Red Riding Hood, Catherine Hardwicke, está a negociar a súa incorporación ao proxecto de The Maze Runner nos estudos 20th Century Fox.

Baseada na primeira novela dunha popular triloxía de ciéncia-ficción do escritor James Dashner, a história vai sobre un rapaz, Thomas, que esperta nunha estraña estrutura pechada chamada The Glade (a fraga) sen memória algunha agás sobre o seu própio nome.

Todo ao redor dos altos muros de pedra da fraga hai un labirinto cheo de monstros, chamados os Grievers (os que se laian). Todos os días uns rapaces coñecidos coma os runners aventúran-se no labirinto para mapea-lo e así tentar atopar unha saída.

O labirinto semella ser familiar para Thomas, que posúe incríbeis habilidades coma runner, pero axiña escomezan a acontecer cousas extrañas que fan que os outros rapaces atrapados sospeiten de Thomas.

Lindsay Williams será a produtora.