Bond de volta

0
176

Mentres que a MGM continúa o seu proceso de reorganización após do concurso de acreedores que está a pasar, os seus plans para a seguinte entrega da franquía da saga de James Bond comezan a ser pasos mais e mais decididos.

O mércores da semana pasada o compositor David Arnold, autor da música das cinco anteriores fitas de 007, dixo nunha entrevista que ven de recibir novas de que o filme está en marcha e que el só está a agardar ao novo guión para se poñer mans á obra.

E o luns a actriz Kate Winslet revelou nunha entrevista nun tabloide inglés que o seu home, Sam Mendes, aínda está vencellado á dirección: “Sam vai facer o seguinte filme de James Bond, todo vai ben, e todos estaremos en Inglaterra se iso acontece. É un compromiso tan importante para el que non é xusto andar viaxando todo o tempo dende New York a Londres“, dixo Winslet. O xornal indicou asemade que Mendes e mais a produtora Barbara Broccoli xa mantiveron várias entrevistas para falar do casting, para o que a mesma Winslet non está interesada.

Nombergantes, o veterán actor teatral e amigo de Mendes Simon Russell Beale semella estar a ser considerado para un papel. Mália ser un actor do teatro, Beale xa apareceu en filmes anteriormente, coma The Deep Blue Sea, ainda por estrear. E na televisión xa conta con algunha experiéncia en fitas de espías, porque é o intérprete do Ministro do Interior inglés William Towers na série da BBC Spooks.