Frankenstein contemporáneo

585

A Sony Pictures Entertainment está a desenvolver unha adaptación contemporánea do clásico de Mary Shelley Frankenstein.

Craig Fernandez (From Prada to Nada, Everything Must Go) escribirá o guión e Matt Tolmach, antigo copresidente da Sony, será o produtor. Os detalles da história son polo de agora moi escasos, pero este é ún mais dos vários proxectos de Frankenstein actualmente en desenvolvemento, se ben todos os demais semellan non pasar da fase de proxecto polo de agora.

Entre eses outros están unha versión que produciría Guillermo del Toro, a versión épica con guión de David Auburn titulada Casebook of Victor Frankenstein, unha versión da novela de Dean Koontz ambientada na New Orleans actual, a adaptación do cómic I, Frankenstein dos creadores da saga Underworld e un remake de A Noiva de Frankenstein na Universal.