Proyas prepára-se para AMP

0
178

O escritor Daniel H. Wilson (Robopocalypse) acaba de vender os dereitos para o cinema da súa vindeira novela, AMP, á Summit Entertainment.

A história está ambientada nun futuro próximo, cando a tecnoloxía deseñada para axudar aos discapacitados convírta-os en auténticos supermáns. A Summit semella ter-se imposto á Paramount, que tamén estaba interesada nesta novela e que xunto á Working Title tiña un proxecto para leva-la ao cinema.

O nome do director de Knowing e I, Robot, Alex Proyas, está polo de agora vencellado á produción desta longametraxe, que podería dirixir el mesmo segundo di Wilson no seu blogue. Seica a intención de Proyas é rodar o filme en Austrália cun orzamento modesto.