Catro mais para Spiderman

0
189

Campbell Scott (Royal Pains, Damages) e Julianne Nicholson (Law & Order: Criminal Intent, Storm of the Century) serán os pais de Peter Parker na vindeira entrega de Spiderman na Sony Pictures.

Por outra banda, Irrfan Khan (The Darjeeling Limited, Slumdog Millionaire) está a manter conversas coa ideia de facer o papel dun vilán chamado Van Atter, mentres que Annie Parisse (Rubicon, How to Lose a Guy in 10 Days) interpretaría á súa esposa.

Nos cómics do home araña non hai ningún superfalcatruán co nome de Van Atter, pero hai un persoaxe chamado Nels Van Adder que é un empregado de Norman Osborne e que traballou coma suxeito dun experimento químico que o modificou físicamente, dándo-lle a fasquía dunha besta vermella con enormes cairos e poutas que o converteron no supervilán chamado Proto-Goblin.

O persoaxe do pai de Gwen Stacey, o xefe da policía George Stacey, está moi vencellado á orixe do Proto-Goblin nos cómics. Denis Leary será o actor que dea vida a George Stacey.

A rodaxe está por escomezar en Los Angeles.