Alien adiada un ano

0
220

O par de precuelas ainda sen título oficial que Ridley Scott ía facer sobre o seu próprio filme Alien veñen de ser adiadas alomenos por un ano.

O plan orixinal era rodar dous filmes xuntos, escomenzando en febreiro en Inglaterra e coa ideia de estrear todo para os anos 2013 e 2014. Nin a Fox nin Ridley Scott deron ainda ningunha razón para este atraso, se ben especúla-se que o problema está no guión, que ainda non foi entregado nin se espera ter unha versión definitiva até dentro de moito tempo.

O pasado mes xa xurdiran algúns rumores segundo os cales Scott e mais a Fox mantiñan desacordos ao respeito do orzamento e do tón do filme: Scott quería un orzamento alto e unha calificación “R” (para maiores de 18) mentres que a Fox quería unha calificación para maiores de 13 anos. O responsábel da série Perdidos, Damon Lindelof, reescribiu o guión orixinal de Jon Spaihts e semellaba que todas as partes estaban contentas con el, pero as recentes novas semellan desmentir este dado.