Haberá Piratas 5 e 6?

0
182

Hai uns poucos anos após de que a primeira parte da triloxía dos Piratas do Caribe amosara ser un éxito de público e de crítica, a Disney de contado escomezou co desenvolvemento das dúas secuelas que continuaron coa saga e que foron rodadas conxuntamente.

As críticas dos seguintes dous filmes non foron tan estupendas, pero os benefícios dende logo que si, xa que entre as dúas acadaron case 2.000 millóns de dólares de recadación en todo o mundo. Ainda así, a Disney ficou intimidada pola cuarta película e co seu novo director (Rob Marshall) así que a nova entrega deseñou-se coma unha história autoconclusiva e non falaron moito sobre os plans da franquía para o futuro agora que Pirates Of The Caribbean: On Stranger Tides está xa lista para a estrea.

Pero iso foi até hoxe, porque ven de se facer público que a Disney escomezou xa a procura de novos actores e de nova equipa para rodar Piratas 5 e Piratas 6. E si, unha vez mais, a ideia é roda-las conxuntamente coma unha soa película xigantesca, e logo dividi-la en dúas entregas.

É un movemento arriscado, porque as anteriores secuelas (a segunda e terceira parte) custaron mais de 500 millóns de dólares produci-las e nestes intres o mercado non semella tan disposto a tragar con este tipo de altos orzamentos. A primeira vez a xogada saiu moi ben, pero a experiéncia di que as secuelas non adoitan ter tanta repercusión coma os filmes orixinais, especialmente se se alongan até unha terceira parte, así que se a reacción do público coa nova Stranger Tides (200 millóns de dólares de orzamento) non é a que a compañía agarda, poderían rodar cabezas. Nombergantes, a Disney semella mais ca contenta de como van as cousas con Tides até agora, polo que semella bastante posíbel o regreso dos piratas.

O outro tema é o tempo. Johnny Depp é un actor moi demandado e xa se comprometeu a rodar Dark Shadows e The Lone Ranger para a Disney. O regreso ás secuelas de Piratas requeriría alomenos un ano enteiro de rodaxe, o que non é doado de axustar na axenda cando se trata non só de Depp senón das outras estrelas, Ian McShane e Penélope Cruz.