Caviezel e McKellen no Prisioneiro

0
221

The PrisonerA produtora AMC ven de anunciar que Jim Caviezel (A Paixón de Cristo) e Sir Ian McKellen (O Señor dos Anéis) serán os protagonistas da vindeira série de televisión The Prisoner, que tentará ser o relanzamento da mítica série dos anos 60. A AMC coproducirá esta minisérie de seis capítulos xunto á ITV Productions e mais a Granada International, cunha data de lanzamento prevista para 2009.

The Prisoner será a segunda série orixinal da AMC e contén elementos de espionaxe, thriller e ciéncia-ficción.

Caviezel interpretará a Número Seis, un papel que orixinalmente fixera Patrick McGoohan, quen á súa vez foi o creador, produtor, guionista e director da saga dos anos 60.

O nominado ao Oscar Sir Ian McKellen interpretará a Número Dous.

Bill Gallagher será o guionista e produtor executivo, xunto a Michele Buck, Damien Timmer, Rebecca Keane e mais os membros da AMC Charlie Collier, Christina Wayne e Vlad Wolynetz. A série será producida por Trevor Hopkins e dirixida por Jon Jones.

A reinterpretación da série, que orixinalmente estaba ambientada na Guerra Fría, levaráa até o século XXI, coas súas actuais preocupacións e desacougos: a liberdade, a seguranza e mais a vixianza.