Liam Neeson enfurece aos católicos

0
179

Liam Neeson, o actor que lle pon a voz a Aslan, o león que representa a Xesús Cristo na série de filmes das Crónicas de Nárnia, ven de ocasionar unha forte controvérsia entre os fans desta saga de de propaganda relixiosa mentres se celebraba unha rolda de prensa para presentar Voyage of the Dawn Treader, a terceira entrega da série. Neeson dixo que para el, o león simboliza a todos os grandes profetas, incluindo a Buda e Mahoma.

Aslan simboliza unha figura tipo Cristo, pero para min tamén simboliza a Mahoma, a Buda e todos os grandes líderes espirituais e profetas ao longo dos séculos. Iso é o que sinifica Aslan, ademais de ser unha figura mentora para os nenos, iso é o que sinifica para min“, dixo o actor, que hai dous anos pediu uns CDs de meditacións espirituais católicas para poder interpretar millor ao seu persoaxe.

Obviamente, para os cristiáns esta comparación resulta espantosa, xa que segundo a súa relixión, que afirman lles foi revelada por deus, todos os demais profetas son falsos e mesmo demos. Polo tanto, Walter Hooper, antigo secretário do escritor C.S. Lewis, o autor das novelas nas que se basea a saga de filmes, “[o león] non ten ren que ver co islam. Lewis simplemente tería negado iso. El escribiu que a completa história de Nárnia vai sobre Cristo“. Pola súa banda, William Oddie, antigo director de The Catholic Herald, dixo: “Non podo crér que Liam Neeson sexa así de estúpido“.

A indisimulada fúria fanática dos católicos podería prender a mecha do boicot contra esta saga, á que moitos tentan ver por riba de relixións e considerar só dende o punto de vista artístico. Pero os católicos non queren entrar nese debate: para eles, os filmes son cristiáns e ninguén ten dereito a nega-lo. A produtora sabe que os católicos son practicamente os únicos que están a acudir ao despacho de billetes para ver esta saga de películas, polo que as declracións de Neeson non sentaron nada ben.