Favreau confirma a máxia

0
190

No decurso dunha entrevista na rádio, o realizador Jon Favreau desvelou antonte algúns novos dados sobre a súa participación no vindeiro filme da Disney Magic Kingdom.

“[A história de Magic Kingdom] é esencialmente unha família atrapada en Disneylándia, na que todas as atraccións cobran vida. Realmente quero sondear as profundidades da história do parque porque é un sítio ao que me encanta ir un par de veces ao ano“, dixo Favreau.

En anteriores informes dába-se por certo que o filme sería moi semellante a Night at the Museum, unha afirmación que o director quere desmentir en boa medida: “Non coido que vaia ser como misturar todas as outras películas. Coido que vai ser algo de seu; non coido que vaia ser para nada coma Night at the Museum. Quero face-lo un pouco mais espeluznante, coma as vellas películas da Disney e tentaremos capturar ese tón“.

De resultas, Favreau está a mirar todos os vellos filmes da Disney para poder afacer-se un pouco millor ao seu xeito: “Dixen, mirade, teño que ver todas as películas da Disney. Comecei con Steamboat Willy traballando ao meu carón todo o tempo. Realmente quero enfocar-me nos clásicos coma Dumbo, Steamboat Willy, todos os primeiros debuxos animados en branco e negro de Mickey Mouse – todo o de Fantasyland. Coido que haía algo intemporal nese traballo de Walt [Disney] e quero explorar non só Disneylándia, senón a visión de Walt sobre Disneylándia. Se miras os seus debuxos conceptuais son distintos do que o parque rematou sendo co tempo, pero se miras o seus debuxos orixinais e exploras o que é ese mundo, coido que hai algo realmente divertido e máxico por facer aí“.

Por outra banda, Favreau confirmou no seu Twitter oficial que non dirixirá a terceira entrega de Iron Man, unha vez que a Marvel Studios decidiu rebaixar considerábelmente o orzamento destinado ao filme (algúns din que coa intención de que o director das dúas entregas anteriores tivese que marchar).