Firestarter, nova franquía?

0
178

A Universal Pictures e mais a Dino De Laurentiis Co. están a planear unha nova adaptación ao cinema da clásica novela de terror de Stephen King Firestarter.

O libro vai sobre unha rapaza que debe aturar a maldición de posuir o don da piroquinese, ou sexa, a habilidade de incendiar as cousas só co poder da súa mente. Mark L. Smith está a escribir un guión que sin estará “mais ou menos” baseado no libro, e tentará que o persoaxe central teña unha persoalidade “mais ousada“.

Drew Barrymore fixo o papel da rapaza na anterior adaptación ao cinema da novela, que se realizou en 1984. A Universal espera que esta nova película sexa a primeira entrega dunha franquía e a súa intención é escomezar canto antes coa rodaxe.