As Guerras de Oz

0
205

O co-director de O Cadáver da Noiva Mike Johnson será o encargado de realizar o filme de debuxos animados xerados por computador coa técnica de stop-motion Oz Wars, unha película de acción e aventuras para a Vanguard Films.

A história, que suporá unha nova volta de rosca sobre o mundo fantástico de Oz, levará á pequena Dorothy a ficar atrapada nun torbellino de bruxas guerreiras, máxia negra, artes marciais e monstros, segundo fontes da produtora.

Rob Moreland e Athena Gam escribiron o guión, que requerirá o desenvolvemento de novo software para poder producir o filme cun orzamento moito mais axustado que o das películas que se produciron anteriormente coa técnica stop motion ou de captura de movementos.