Stargate Universe cancéla-se

0
206

Após de várias semanas de especulacións, a canle de televisión Syfy anunciou onte que non renovará a súa série Stargate Universe para unha terceira tempada, poñendo asemada un remate inesperado á saga de maior duración da história desta canle e decidindo que 2011 será o primeiro dos últimos 14 anos nos que non haxa novas entregas de Stargate na pequena pantalla. Os dez episódios que ainda restan por emitir desta série serán os derradeiros e poderémo-los ver en primavera.

A nova chega só unhas semanas despois de que a SyFy decidira poñer final a outra das súas séries estrela, Caprica, a precuela de Battlestar Galactica. A franquía de Stargate, que comezou coa série Stargate SG-1, continou con Stargate Atlantis e posteriormente con Stargate Universe, leva a se emitir na canle Syfy dende 2002, e ainda que é moi poupular en Cataluña, nunca foi emitida en Galiza.

A grella de programación da Syfy para o ano que ven incluirá o regreso doutras séries moito mais baratas de produciren, coma Warehouse 13, Eureka e Haven, que deben sumar-se ás novas incorporacións coma Being Human (que escomeza o vindeiro 17 de xaneiro), a recentemente aprobada Alphas e mais á nova precuela de Battlestar Galactica (polo de agora só será un episódio piloto) Battlestar Galactica: Blood & Chrome.