Ven de se facer público a través de YouTube un booktrailer, o vídeo de presentación do primeiro libro da nova triloxía Los Hijos de Gea, escrito pola ourensá Natalia Corbillón e editado pola Editorial Educando coa ideia de empurrar a promoción nestas festas de fin de ano.
O vídeo tamén conta cunha curiosa versión en inglés nestoutro enderezo Web. En todo caso, tedes máis información dispoñíbel na web oficial www.loshijosdegea.com.
A novela céntra-se en Nicole, unha rapaza que ve a sua tranquila vida truncada ao descubrir que foi elixida para, algún día, ser unha Gardiá da Orde de Alnilam, unha das dez casas que forman a Unión de Orión.