McG quere dirixir Ouija

0
170

O realizador McG quere encargar-se da dirección da adaptación ao cinema de Ouija, o clásico xogo de mesa da empresa Hasbro que están a preparar a Universal Pictures e mais a Platinum Dunes.

Os guionistas de Tron: Legacy Edward Kitsis e Adam Horowitz están a lle dar os últimos toques ao argumento para este filme, unha aventura sobrenatural por todos os costados, que seguirá un pouco as fasquías de A Múmia e Indiana Jones.

Breck Eisner (The Crazies, Sahara) é polo de agora o director que conta con mais papeletas para se facer co cobizado posto, que asegurará unha boa de fama a quen se faga con el. Os estudos queren ter todo preparado para unha estrea que será en novembro de 2012.