Mantemento na Dreamworks

0
147

A DreamWorks Animation ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a série de cómics de Jim Massey Maintenance (Mantemento), que até de agora estaba nas mans da Warner Bros. Pictures.

A história vai sobre as fazañas de “dous empregados de mantemento que traballan para a TerroMax, Inc., o maior e mais maléfico gabinete estratéxico adicado á ciéncia de todo o mundo. Cando non están a traballar con “monstros que verten refugallos tóxicos ou con reparacións menores de máquinas do tempo, teñen que verllas co seu xefe, unha manchea de científicos tolos, homes das cavernas equipados con mochilas de vóo, axentes de xustiza alieníxenas, e a rapaza tan guapa que traballa en recepción”, segundo a nota de prensa dos estudos.

Na Warners, McG era ún dos candidatos para se facer coa dirección, a partir dun guión de Joe Ballarini. Pero agora que é a Dreamworks a que vai facer a película, procurarán por algún outro que encaixe dentro da cultura pop e das moitas referéncias cómicas á actualidade que contén o cómic, do que pretenden facer unha história que podería ser moi custosa de producir en acción real.