Ainda que ainda non asinou oficialmente a dia de hoxe, todos os médios xa dan por certo que o actor Orlando Bloom está a negociar a súa incorporación ao reparto de The Hobbit, repetindo o seu papel de elfo Legolas que xa fixera na triloxía de O Señor dos Anéis.
Legolas, o arqueiro élfico, non aparece para nada no libro de Tolkien O Hobbit, pero a incorporación do persoaxe aquí seica pdoería ser mais sinificativa ca un simple cameo. Se Bloom acepta, uniría-se a Cate Blanchett coma segundo membro do reparto do Señor dos Anéis que repite o seu persoaxe en O Hobbit mália que non apareza na novela orixinal.
Á parte dunha breve aparición no filme New York I Love You o ano pasado, Bloom leva fóra das pantallas de cinema dende que en 2007 interpretara ao ferreiro Will Turner en Piratas do Caribe: Na fin do mundo. Agora ben, iso non sinifica que non traballara neste tempo, porque ten catro filmes pendentes de estrea para 2011.