Museu do Extraño

0
175

A Walt Disney Studios xa ten na recámara a conversión doutra das súas atraccións de parque temático nunha posíbel franquía para o cinema, e esta vez están a pensar en The Museum of the Weird (O Museu do Extraño).

A diferéncia fundamental esta vez é que a atracción do Museu nn tan sequera chegou a ser unha realidade algunha vez. O mesmo Walt Disney en persoa namorou-se do concepto aló nos anos 60, “un lugar onde se amosarían organistas pantasmas, cartas máxicas, cadeiras que falan e outras cousas surrealistas e raras“. O museu ía estar xunto á atracción da Mansión Enmeigada, e tería un restaurante de seu.

Esta atracción nunca chegou a se realizar, pero o concepto ficou por aí dando voltas nos caixóns dos executivos, até que agora Ahmet Zappa ven de ser contratado para que escriba un guión coa fasquía de Night at the Museum usando ideias pensadas orixinalmente para a exhibición.

De se aprobar o proxecto, a atracción tería a súa oportunidade na vida real por fin e abriría as súas portas en Disneylándia, cando a película estivera nas carteleiras en 2014 ou 2015.