Alugar unha pantasma

0
181

A Warner Bros. Pictures está a planear facer-se cos dereitos da série cómica para nenos da televisión inglesa dos anos 70 Rentaghost e converte-la nunha longametraxe para o cinema ao estilo de Beetlejuice, que sería protagonizada polo cómico Russell Brand.

A série orixinal ía sobre Fred Mumford, un perdedor recentemente finado que sinte que pdoe traballar para as pantasmas cuxas vidas foron tan desgrazadas coma a súa, polo que crea unha axéncia de traballo temporal onde se adica a alugar pantasmas aos vivos.

Entre os seus clientes espectrais están un bufón fedello sen coñecementos sobre a tecnoloxía moderna, un delicado cabaleiro vitorián moralmente abraiado polo mundo actual, un cabalo de pantomima, unha pantasma holandesa que se teletransporta cando espirra, unha bruxa escocesa e mais unha pistoleira do Vello Oeste americano.

Brand interpretaría a Mumford e os estudos están xa a procurar guionistas para este proxecto, que contará coa produción de Kevin McCormick, Gail Berman e Lloyd Braun.