Bana, o novo Lincoln

0
181

A Fox anda atrás do actor australián Eric Bana (Hulk) para qeu interprete ao presidente dos Estados Unidos Abraham Lincoln (1861-1865) na súa vindeira longametraxe de alto orzamento de acción e terror Abraham Lincoln: Vampire Hunter.

O director de Wanted, o ruso Timur Bekmambetov, será o encargado de realizar esta adaptación ao cinema da novela cómica de terror escrita por Seth Grahame-Smith, na que se expoñen os diários secretos do presidente, que relatan a súa misión de erradicar do mundo aos vampiros.

Bana, que mide 1,90 metros, sería o actor perfecto para este papel, xa que Lincoln tamén era notábelmente alto para a súa época, polo que se agarda que se poida chegar axiña a un acordo con el. Polo de pronto, nos vindeiros días terá unha xuntanza con Bekmambetov. A rodaxe do proxecto escomezará a primeiros do ano que ven, coa ideia de poder estrear no verán de 2012.