Taylor Lautner, encarcerado

0
210

Taylor Lautner (Twilight) será o protagonista do vindeiro thriller de prisións de ciéncia-ficción Incarceron na Fox 2000.

Baseado na série de novelas para adolescentes de Catherine Fisher, esta fantasía distópica narra as aventuras dun xoven Finn encarcerado nunha prisión vivinte do futuro, governada pola rivalidade e o salvaxismo.

A filla do alcaide da prisión vive fóra dela, nun mundo futuro moi semellante ao século XVII, pero é obrigada a casar nun matrimónio non desexado. Ambos atopan un dispositivo, unha chave de cristal, que lles permite comunicar-se entre eles e así planear unha fuga ás súas respectivas prisións.

Adam Cooper e Bill Collage están a adaptar o guión, mentres que Hugh Jackman e John Palermo serán os produtores. Ainda non hai un director vencellado a este proxecto.