Quaid perante a escuridade

0
159

O actor texano Dennis Quaid (Frequency, The Day After Tomorrow) ven de se unir ao reparto do thriller independente Beneath the Darkness.

A história vai sobre un adolescente (Tony Oller) que intenta desentrañar os segredos que se agochan na casa dun escuro funerário (Dennis Quaid) que é ademais unha respectada figura dentro da comunidade. Aimee Teegarden, Devon Werkheiser, Brett Cullen e Stephen Lunsford son os outros protagonistas.

Martin Guigui dirixe a partir dun guión de Bruce Wilkinson. Ronnie D. Clemmer será o produtor, mentres que a rodaxe escomezou hai uns días en Austin, Texas.