Gilliam e mais o steampunk

716

Terry Gilliam e mais o artista de efectos especiais Tim Ollive axuntarán as súas forzas en 1884, un proxecto que describen coma unha aventura multimédia de 8 millóns de dólares.

A película é unha história de espionaxe ambientada nun 1884 alternativo onde a revolución industrial chegou a altas cotas que remataron por converter o mundo nunha metrópole imperial, chea de coches voadores que funcionan con vapor e a humanidade acadou uns sinificativos avances científicos.

A história misturará animación, monicreques, acción real e efectos xerados por computador, mentres que os decorados conterán fotografías antigas, miniaturas e gráficos. Ollive será o director, mentres que Gilliam será produtor e tamén “conselleiro creativo”, e dixo que os efectos especiais “non serán superficiais e lustrosas animacións xeradas por computador, coma as que certo estudo de Los Angeles produce. Semellan creados por un artesán, e a escala e o deseño son espectaculares“.

Ollive co-escribiu o guión xunto a Dennis de Groot, mentres que algúns famosos antigos membros do grupo Monty Python fornecerán as voces dos persoaxes (se ben non se revelaron ainda que ex-membros son eses).