Brown, guionista do seu

0
167

Din que se queres que algo saia ben, tes que face-lo ti mesmo. E seica iso é o que debeu pensar o escritor supervendas Dan Brown, quen se encargará persoalmente de escribir o guión da adaptación ao cinema da súa novela mais recente, The Lost Symbol na Sony Pictures.

A novela é a terceira que está protagonizada polo persoaxe de Robert Langdon, o simbiólogo da Universidade de Harvard que xa protagonizou O Código Da Vinci e Anxos e Demos, e está ambientada en Washington D.C. Alí, o xefe do Instituto Smithsonián é secuestrado e Langdon fica atrapado nunha aventura que incorpora aos masóns, a “ciéncia” noética e un asasino tatuado dende a cabeza aos pés.

A Sony adaptou a segunda novela de Langdon, O Código Da Vinci, nunha película que recebiu pésimas críticas da prensa en 2006, pero que acadou uns excelentes resultados no despacho de billetes, grazas á propaganda que lle fixeron os católicos ao boicotar o filme. Nombergantes, os 758 millóns de dólares que acadou deminuiron até os 486 o ano pasado, coa adaptación de Anxos e Demos. Polo de agora, as reaccións da crítica á última novela de Brown non podían ser peores, calificándo-a coma a pior escrita por este autor.

Akiva Goldsman adaptou o guión de O Código Da Vinci, mentres que el e mais David Koepp co-adaptaron o guión para Anxos e Demos. As últimas novas indicaban que Steven Knight estaba a escribir o guión d’O Símbolo Perdido, pero obviamente terá que deixar sítio a Brown agora que o própio autor encargará-se do libreto.

Ainda que a Imagine Entertainment tomará as rendas da produción unha vez mais, nin o director Ron Howard nin o protagonista Tom Hanks se comprometeron até de agora con este proxecto. A Sony pola súa banda está desexando escomezar a produción canto antes, e xa ten a ideia de poder estrear no verán de 2013.