O dobre de Spiderman volve andar

0
189

Christopher Tierney, o dobre que caiu dende unha altura de 9 metros durante a accidentada representación da obra de teatro de Broadway Spider Man: Turn Off the Dark, xa pode camiñar de novo após de pasar pola mesa de operacións esta pasada semana.

O pai do actor, Timothy, dixo á prensa que o seu fillo volveu a camiñar coa axuda de muletas por primeira vez dende que o pasado 20 de decembro se produciu a caída que suspendeu a representación desa noite e enviou a seu fillo ao hospital.

Timothy Tierney dixo que os efectos terían sido moito piores de non ser porque ao caer, Christopher envolveu o seu corpo e caiu de lado: “Entendo que Chris ten sorte de estar vivo“, dixo. Como resulta da caída, Christopher fracturou o cránio, o homoplato, o ombro, catro costelas, un pulmón perforado e rompeu tres vértebras. Ainda así, o pai confirmou que Tierney está desexando voltar aos escenários.

Os médicos coidan que Tierney volverá andar e recuperará a mobilidade completamente, se ben polo de agora ainda está na unidade de coidados intensivos até que o vindeiro luns escomece a rehabilitación en New York.